O LIBRO BRANCO DE ENCE - page 10

Libro Branco de Ence | 10
para disfrazar unha fábrica que xera gravísimos problemas ambientais,máis unha
vez un xeito demercar vontades e estómagos agradecidos. Tamén patrocinan
episodios de interese humano relacionados coa saúde, exposicións de arte,
becas, etc... unhamiserenta partida nosmillonarios orzamentos da empresa,
que paga 202.000 euros ao ano a Juan Luis Arregui por presidir o Consello e
65.000 a José Carlos del Álamo (ex conselleiro da Xunta do PP) por sentarse nel.
En total, os 11membros do Consello de Administración cobran case unmillón de
euros.
Existe algún vencello entre o PP e Ence?
Hai varias persoas que utilizaron claramante a porta xiratoria. Tras pasar por
altos cargos da administración pública acabaron no Consello de Administración
de Ence. Isabel Tocino Biscarolasaga, quen foi ministra deMedio Ambiente no
Goberno de JoséMaría Aznar, durante o período 1996-2000; José Carlos del
Álamo Jiménez, que foi director xeral deMontes eMedio Ambiente Natural da
Xunta de Galicia (1990-1996) e en xuño de 1996 foi nomeado director xeral de
Conservación da Natureza doMinisterio deMedio Ambiente e vicepresidente
doOrganismo Autónomo de Parques Nacionais. Un anomáis tarde, en 1997,
incoporouse ao goberno de Fraga como conselleiro deMedio Ambiente, até
2003. Tamén está Pascual FernándezMartínez, que foi Secretario de Estado de
Augas e Costas do Goberno de Aznar, con JaumeMatas comoministro deMedio
Ambiente. Hoxe é decano do Colexio de Economistas deMadrid.
Algún cargomáis da empresa está relacionado co poder político e
empresarial?
Unha alta funcionaria autonómica,María José Ecehevarría, subdirectora xeral de
Coordinación Ambiental da Xunta de Galiza é familiar do director da fábrica de
Ence-Pontevedra, Antonio Casal. Outromembro do Consello de Administración é
Fernando Abril Martorell, fillo de quen fora vicepresidente doGoberno eMinistro
de Economía cos primeiros gobernos de Adolfo Suárez (1978-80). Pedro Barato
Triguero foi secretario da organización empresarial agraria Asaja, próxima ao PP.
José Guillermo Zubía encabezou a CEOE vasca, chamada Confebask. Outros
significados empresarios son Victor Urrutia Vallejo e José Ignacio Comenge, dous
membros do Consello da unificada Cocacola Iberian, que pretendían ilicitamente
pechar plantas da compañía. Tamén forman parte o empresario do aceiro Ignacio
Colmenares (é o conselleiro delegado) e Javier Echenique, relacionado con
Repsol, o Banco Sabadell e a construtora ACS.
Canto gañarían os propietarios actuais de Ence se a Xunta e o Estado
prorrogan a concesión de Lourizán?
Soe barallarse que a operación de “regalar” a permanencia de Ence en Lourizán
pode reportar aos propietarios uns 2.000millóns de euros entre o que aforran
1,2,3,4,5,6,7,8,9 11,12,13,14,15,16,17,18,19,20,...32
Powered by FlippingBook