O LIBRO BRANCO DE ENCE - page 11

11 | Libro Branco de Ence
quedando aquí, e o que deixarían de ganar se tivesen que entregar os terreos.
Ademais compre lembrar quemercaron a empresa a prezo de saldo, porque só
estaba autorizada a producir ata 2018.
Non terían que facer o traslado da factoría cuxo custe elesmesmos estimaron
en arredor de 700millóns de euros; nin pagar a compra ou aluguer dos novos
terreos para construír unha nova fábricamáis a dotación dos servizos necesarios
para desenvolver a actividade industrial. E tampouco terían que afrontar un
investimentomillonario para cumprir coa obriga legal de que, ao caducar a
concesión, hai que sanear e deixar os terreos ocupados en dominio público no
seu estado inicial ou omáis preto que se poida. A todo esto hai que engadir os
beneficios anuais que veñen obtendo. Por exemplo, no ano 2014 declararon un
resultado neto de 140,9millóns de euros de beneficios.
Está a aproveitar Ence a actual crise económica para presionar aos
veciños de Pontevedra?
Si. A actual situación de desemprego xeralizado en todo o país está a ser
utilizada pola empresa. É unha trampa. A prórroga que quere Ence é para, polo
menos, 50 anos. Está claro que durante todo ese tempo os índices de emprego
podenmellorar notablemente, Ence seguiría onde está aínda que se alcanzase o
pleno emprego en 5, en 10, en 20 ou en 40 anos.
Cantos postos de traballo xera Ence?
270 traballadores na fábrica e 96 nas Oficinas Centrais, segundo o censo
de persoal actualizado polos sindicatos que están no comité en outubro de
2015. Total 366. Algúns axentes sociais, e especialmente a forte publicidade
institucional da empresa,multiplican por dez calquera posto de traballo
vencellado ao emprego industrial, polo que estiman en 3.600 os empregos
asociados a Ence, o que resulta unha enorme esaxeración.
Canto supón o emprego de Ence nomercado laboral de Pontevedra?
Se todos os traballadores de Ence foran de Pontevedra e tomando como
referencia os datos de afiliación á Seguridade Social de setembro de 2015 - o
mes pechou con 32.564 persoas en alta laboral- os 366 postos de traballo da
pasteira suporían o 1,1% do emprego da cidade. Porén o peso laboral real é
menor, xa que unha porcentaxe por determinar da plantilla vive noutros concellos
da comarca.
Cal foi a evolución do emprego na fábrica?
Ence chegou a ter arredor de 500 raballadores na planta de Celulosas de
Lourizán, preto dun 40%máis dos que conta na actualidade. Hai dous anos a
compañía levou adiante un ERE que arrancou co obxectivo de despedir a 144
1...,2,3,4,5,6,7,8,9,10 12,13,14,15,16,17,18,19,20,21,...32
Powered by FlippingBook