O LIBRO BRANCO DE ENCE - page 13

13 | Libro Branco de Ence
de residuos perigosos”. Hai que resaltar que Ence está considerada por todas
as administracións como unha industria de produción de residuos perigosos,
de feito está inscrita como produtor de residuos perigosos no Rexistro Xeral de
Produtores e Xestores de Residuos deGalicia.
Amesma documentación recolle que asmedidas de control dos riscos inherentes
aos accidentes graves nos que interveñan substancias perigosas, data do ano
2010.
Como contamina a fábrica de Ence, chamada agoraCentro deOperacións
de Lourizán?
Os dous grandes focos de contaminación de Ence son as súas emisións ao ar
e os verquidos (efluentes líquidos) á ría. Non existen nin por parte do Estado
nin por parte da Xunta inspeccións suficientes que garantan realmente os niveis
de emisións e o cumprimento da normativa europea ou estatal. O recente caso
Volkswagen é un claro exemplo do comportamento ambiental demoitas grandes
empresas e da falta de control por parte das autoridades competentes.
Que tipo de contaminantes bota a cheminea da fábrica?
Por exemplo, contaminantes derivados do xofre: sulfuro de hidróxeno (SH
2
),
dióxido de xofre (SO
2
) emercaptanos, responsábeis directos dosmalos cheiros
que identifican á planta de celulosas de Lourizán. Ademais tamén bota derivados
nitroxenados (NO
3
).
As emisións atmosféricas son legais? Afectan á saúde das persoas?
Exemplos como o escape de SO
2
(dióxido de xofre) do 11 de agosto de 2013
amosan que, aínda dando por bo que a emisión situouse por debaixo dos límites
permitidos pola Autorización Ambiental Integrada (AAI), provocoumolestias e
problemas de saúde entre os veciños que foron quen de dar a voz de alarma e
denunciar casos de irritabilidade nos ollos, insuficiencias respiratorias e outras
afeccións. Non habería, pois, que rebaixar os niveis autorizados na AAI?
Ata que punto pode afectar a contaminación de ENCE á saúde?
Desgraciadamente non existen estudos epidemiolóxicos actuais e rigorosos
que permitan tirar conclusións definitivas, xa que nunca foron atendidas pola
administración as peticións feitas neste senso. En calquera caso, sábese que
moitos dos contaminantes que bota Ence á atmosfera teñen efectos negativos
sobre a saúde, dun xeito particular no sistema respiratorio, ollos,mucosas e pel,
emesmo que algún deles son carcinóxenos potenciais. Non se debe esquecer
tampouco que Ence foi condenada por danos á saúde das persoas nin que ao
longo da súa permanencia en Lourizán téñense producido numerosos episodios
1...,3,4,5,6,7,8,9,10,11,12 14,15,16,17,18,19,20,21,22,23,...32
Powered by FlippingBook