O LIBRO BRANCO DE ENCE - page 15

15 | Libro Branco de Ence
osíxeno), sólidos en suspensión, fósforo e nitróxeno amoniacal. Cantomáis altos
sexan os niveis, hai menos osíxeno emenos posibilidades de vida. Os límites
destes parámetros veñen fixados na AAI, cunhametodoloxía cuestionada, xa que
marca os valores da carga contaminante do verquido en kg/día cando, de acordo
co Real Decreto Lei 11/1995 que traspón a normativa europea 91/2717CEE tiña
quemedirse tamén enmg/l, o quemudaría substancialmente o resultado.
Por que se fai así?
Mentras Ence e a Xunta consideran que aos seus verquidos non se lle pode
aplicar a lexislación de augas residuais urbanas, a propia lei (Lei 11/1995) deixa
claro que é de aplicación neste caso ao definir como augas urbanas “as augas
residuais domésticas ou amestura destas con augas residuais industriais ou con
augas de escorrentía pluvial”.
Quen decidiu facelo deste xeito?
Non hai unha única resposta. Os ecoloxistasmanteñen que foi unha suxestión de
Ence, atendida pola administración autonómica, cando se aprobou a AAI ao ser
sabedores da imposibilidade de acadar os niveis legais enmg/l. Resulta curioso
que a propia Ence envía á Xunta os datos de control da AAI tamén enmg/l o que
permite comprobar que incumpren enmoitas ocasións a lexislación vixente para
DBO, DQO e sólidos e suspensión (ver cadro cos dous valores). Con anterioridade
os controis facíanse enmg/l.
Por que non semiden os coliformes, a primeira causa de contaminación
das augas da ría?
A AAI non esixemedir este parámetro ao considerar a Xunta que non é un
contaminante típico de industrias como Ence, senón exclusivo dos verquidos
domésticos. Poren hai estudos científicos que amosan que a de coliformes é
unha contaminación propia das industrias papeleiras, onde o proceso produtivo
xera condicións idóneas para a súa proliferación. Algunha inspección da Xunta dá
resultados realmente preocupantes: máis dunmillón de unidades formadoras de
colonias (u.f.c.).
1...,5,6,7,8,9,10,11,12,13,14 16,17,18,19,20,21,22,23,24,25,...32
Powered by FlippingBook