O LIBRO BRANCO DE ENCE - page 16

Libro Branco de Ence | 16
Como inflúe esta contaminación (materia orgánica e coliformes) no
medio e na economía da comarca?
A falta de osíxeno disolto pode levar á diminución da poboación das especies
que viven na ría emesmo a desaparición dalgunha delas, e non debemos
esquecer que se trata dunha zona cunha especial adicación aomarisqueo.
A cualificación do bancomarisqueiro de Lourizán como zona C vén dada por
esta contaminación, non exclusiva de Ence aínda que a empresa ten unha
alta incidencia neste particular. Esta realidade ten unha evidente repercusión
sobre a economía e o emprego da xente que ten na explotación da ría o seu
sustento.
Como afecta o cheiro á imaxe da cidade?
A imaxe quemilleiros de persoas de fóra de Pontevedra teñen da nosa
cidade é a do cheiro que se percibe desde a autoestrada. Ademais das
consecuencias para a saúde, as ameazas contaminantes, os perigos que xera,
é preciso valorar os perxuizos que esta empresa causa ao posicionamento
da capital como cidade atractiva para o turismo, e por extensión, a toda a ría
de Pontevedra (e nomeadamente aos concellos deMarín e Poio). A necesaria
liberación de Lourizán desta instalación conlevará un impresionante soporte
publicitario para o posicionamento de Pontevedra como destinomoitomáis
apetecible aínda do que xa é.
Canta auga consume Ence?
Ence ten unha captación exclusiva no río Lérez para o seu abastecemento
construída con fondos públicos. Esta captación déuselle poloMinisterio de
Obras públicas de 8 demarzo de 1958 e o 27 de novembro de 1968 (durante
a ditadura franquista) cun caudal máximo de 129.000metros cúbicos/día.
O consumo de auga no ano 2010 foi de 32.200metros cúbicos/día, segundo
recolle a súa auditoría. É dicir, consume ao ano case 12millóns demetros
cúbicos de auga.
Canta auga consume a cidade de Pontevedra?
Por facer unha comparativa, o río Lérez abastece a
Pontevedra e aos concellos da ría 22.300metros
cúbicos/día, é dicir, uns 8millóns demetros cúbicos
ao ano.
Canto debería pagar Ence polos canons de auga e
de coeficiente de vertedura?
Arredor de 10millóns de euros ao ano, e na actualidade a Xunta lle factura
só uns 900.000 euros/ano. E existen dúbidas de que os estea abonando.
Consumo de auga
nos concellos daRía
Pontevedra 14.400m3/día
Poio
2.000
Sanxenxo 1.500
Marín
3.700
Bueu
700
1...,6,7,8,9,10,11,12,13,14,15 17,18,19,20,21,22,23,24,25,26,...32
Powered by FlippingBook