O LIBRO BRANCO DE ENCE - page 18

Libro Branco de Ence | 18
árbore convertiuse practicamente en única (cunha pequena porcentaxe de
piñeiros) nas superficies forestais de altitudes inferiores a 400m sobre omar.
Hai un dato espectacular: en 1987, Galiza contaba con 40.000 ha de eucalipto,
en 1997 con 170.000 e en 2009 con 375.000. Un ascensometeórico.
Que ten que ver Ence comonocultivo do eucalipto en Galiza?
A existencia de ENCE en Pontevedra promove claramente omonocultivo de
eucalipto en amplas zonas deGaliza, especialmente preto do litoral. Norfor
é a filial encargada de conseguir que se plante eucalipto en todo o país. Das
1.400.000 ha da península ibérica, case 400.000 están enGaliza (650.000 en
Portugal e 156.000 en Andalucía, por exemplo, datos que demostran a altísima
intensidade destemonocultivo no noso país). Galiza é o primeiro produtor de
eucalipto do Estado, e éste o segundo produtor domundo, tras Australia.
Como apoia a Xunta ao eucalipto?
O Plan Forestal de Galiza de 1992 prevía aumentar a superficie dedicada ao
eucalipto, e a Xunta estivo subvencionando as plantacións até principios do
século XXI, cando abandonou polo fortísimo crecemento rexistrado. Desde entón
financia a tecnoloxía aplicada á diversificación dos usos destamadeira, contribúe
a loitar contra o gorgullo (un insecto cruel con esta árbore) e, sobre todo, obrígase
a dispoñer dun importante efectivo de loita contra os lumes forestais.
Cústalle algo a Ence a loita contra os incendios forestais?
Non. Incluso benefícialle. Directamente, esta empresa—ou outras celulosas
portuguesas—, principais beneficiarias da esaxerada eucaliptización, non
aportan nin un euro para esta lacra. Antes ben, pode chegar a beneficiarse, xa
que boa parte damadeira queimada aínda ten algo de valor para eles, e poden
mercala a prezos inferiores. En lugar duns 30 euros a tm, o prezo da árbore coa
coda queimada pode baixar ata 9. Dase o paradoxo de que cantomaior sexa o
éxito das brigadas contra incendios da Xunta (e é bastante alto),mellor para as
empresas de celulosa, porque obteñenmáis barata amadeira e os propietarios
vense obrigados a vendela.
Existe unha relación causa efecto entre as queimas domonte e o
mercado damadeira?
Non está demostrada nengunha causa clara, e non parece existir moito interese
en investigar, pero resultamoi significativo que osmedios oficiais poñan tanto
énfase en sinalar a persoas perturbadas oumarxinais como instigadores dos
lumes de cada verán. Simplemente non resultan convincentes, e revelan o escaso
interés por estudiar as causas reais dos lumes.
1...,8,9,10,11,12,13,14,15,16,17 19,20,21,22,23,24,25,26,27,28,...32
Powered by FlippingBook