O LIBRO BRANCO DE ENCE - page 19

19 | Libro Branco de Ence
Hai moito eucalipto en Pontevedra?
A práctica totalidade das plantacións forestais domunicipio son de eucalipto, agás
algo de piñeiro e as áreas que tras os lumes de2006 pasaron a formar parte
do programamunicipal “Monte Vivo”, que promove a recuperación dos bosques
tradicionais a través de especies como o piñeiro, o carballo, a cerdeira ou o freixo.
A quen venden amadeira os propietarios domonte pontevedrés?
Das 19 comunidades demontes existentes en Pontevedra (son osmaiores
propietarios), 13 pertencen áMancomunidade deMontes, das que só a de
Verducidomantén aínda un convenio con Ence para a venta demadeira. O resto
véndenllela sobre todo a Finsa, unha empresa que fabrica taboleiros, que paga
mellor que a pasteira.
A como pagan o eucalipto?
Estímase que en 1990 o prezomedio do eucalipto andaba en 42 euros/tm,
mentres hoxe ronda os 30, con todo o que se encareceu a vida nos últimos
25 anos. Lóxicamente, o prezo é libre, coma calquera outro, se ben hai tan
poucas empresas que compran, que en realidade parécese a unmonopolio
consentido polo Estado, como noutrosmoitos sectores. Ence é unha das que
máismerca. Leva décadas encargándose de ampliar a oferta esaxeradamente
(incluso co apoio das subvencións da Xunta), para promover unha baixa de
prezosmoi considerable. A empresamantén numerosos convenios con pequenos
propietarios e comunidades demontes en toda Galiza, para fornecer ás fábricas
de Pontevedra e Navia (en Asturias peromoi preto de Ribadeo). Émoi significativo
que algunhas comunidades dedican omonte á cría de cogomelos debido ao baixo
prezo damadeira que ofrece Ence.
Pero non hai maneira de cuantificar o que pagan?
Algúns produtores demadeira xa se negan a vender a Ence debido aos baixos
prezos quemanexa. En 2014 Ence decidiu unilateralmente pagar 3,5 euros
menos por tm, tal como lle comunicou aos seus proveedores cos que non tiña
un convenio co prezo fixado. Daquela estimouse que esta rebaixa producíalle un
beneficio de 9,5millóns de euros só nas fábricas deNavia e Pontevedra.
De onde procede amateria prima para Ence?
Amadeira quemercan en Galiza vén dos seus proveedores cautivos, centos
de pequenas explotacións que xestionan a través de Norfor con convenios
moi proveitosos para a empresa e explotando ao límite a circunstancia de que
ninguén vive exclusivamente domonte. Tamén se aproveitan dalgunhas das
comunidadesmáis pasivas e conservadoras. Progresivamente, a empresa foi
ampliando a importación demadeira, e aínda que hoxe non é doado saber que
porcentaxe damadeira vén de fóra; sábese que lles resulta bastante rendible
1...,9,10,11,12,13,14,15,16,17,18 20,21,22,23,24,25,26,27,28,29,...32
Powered by FlippingBook