O LIBRO BRANCO DE ENCE - page 20

Libro Branco de Ence | 20
importar madeira astillada de África e Sudamérica, inclusomáis quemercala en
Galiza, debido aosmenores custos laborais, unha prácticamoi común entre as
grandes empresas grazas á globalización.
A quen venderán o eucalipto cando Ence non estea en Lourizán?
Moitas das explotacións poderán continuar vendéndollo á propia empresa,
pois non ten plans para pechar a planta de Navia, e incluso ten anunciado a
posibilidade de ampliala (na actualidade ten unha dimensión algomaior que
a de Pontevedra). Tamén poden venderllo á industria portuguesa, e incluso
exportalamáis lonxe, pois hai empresas chinesas sondeando omercado galego
do eucalipto. Outra opción é destinala a producir taboeiros paramoblaxe ou
pavimentos.
Por que non se pode destinar o eucalipto fabricar outras cousas que non
sexan pasta de papel?
Sen dúbida haberíamoitas aplicacións para a enorme cantidade demadeira que
produxo e produce o noso país, sen necesidade de triturala e convertila en pasta
de papel, pero hai que dedicar esforzos á investigación e ao desenvolvemento
de ideas relacionadas comobiliario, o interiorismo ou a construción. A Xunta é
unha administración con políticas tradicionalmente cautivas do conservadurismo
forestal, polo que, nesta coma noutras áreas, nonmove un dedo, deixando toda
iniciativa económica enmans domercado. E ás empresas coma Ence só lles
interesa incrementar beneficios no negocio fácil, non novas ideas para explotar os
recursos naturais demaneiramáis sustentable.
É precisa outra política forestal?
Si. Eso é o reto que debe propoñerse a Xunta para ordenar omonte e facelo
rendible amedio e longo prazo. Coa súa actual desidia, os propietarios domonte
perden o seu interese polomantemento, deixanse ir amans das empresas
interesadas namadeira barata como Ence, e descoidan omonte como activo
económico de interese que vai máis aló do exclusivamentemadeireiro.
Cómo afecta Ence aos valores paisaxísticos?
A destrución dos valores forestais das Rías Baixas ten consecuencias directas
sobre sectores económicos como o turismo e tamén sobre o valor estético da
nosa paisaxe, que pasou de ser variada e agrícola, a vestirse dese uniforme
verde escuro de liñas verticais en que se converteron os nososmontes nas
últimas décadas. Ese é un remordemento que ten a empresa, polo que agora
quere disfrazar a instalación cunha nova intervención artística, que é como
agochar o lixo baixo a alfombra.
1...,10,11,12,13,14,15,16,17,18,19 21,22,23,24,25,26,27,28,29,30,...32
Powered by FlippingBook