21 | Libro Branco de Ence
É a paisaxe un valor da nosa identidade?
Na actualidade non. O índice de desenvolvemento dun lugar non se debe valorar
unicamente polos indicadores económicos, senón tamén por cuestións culturais,
educativas,morais ou estéticas, que nos falan da relación do home co seu
contorno, o civismo, o sentido colectivo ou a autoestima territorial. A pesares da
extremada beleza da nosa paisaxe, a nosa identidade forestal está gravemente
deturpada pola abusiva presenza do eucalipto. Enmoitos lugares deGaliza non
podemos dicir que vivamos nomedio da paisaxe natural, senón arrodeados
dunha enorme plantación demillóns de árbores idénticas que esclerotizaron o
territorio ao servizo dos propietarios dunha empresa.
Supón a presenza de Ence unmenoscabo do noso patrimonio histórico?
Si.Nas inmediaciónsdeEnceatópansenumerosos xacementosarqueolóxicosdegran
valor histórico,entreeles restos castrexosou romanos. AsaídadeEnce favoreceríao
seuestudo,conservación,postaen valor eutilizacióncomo reclamo turístico.
Como naceu Ence e canto lle queda na súa actual situación?
Oasentamento industrial de Lourizán foi creadopolo INI (InstitutoNacional de
Industria) a raíz dunhaordeministerial de13de xuñode1958nunhabolsade terreo
demáisde600.000m
2
xuntoá creacióndoutra fábricade cloroe sosa (Elnosa) para
queabasteceraaEnceparaobranquexoda súapastadepapel. Naquel intre,eaté
2001aempresaerade titularidadepública.
No ano 1988 entra en vigor a Lei de Costas que dicía que quen fose titular dunha
concesión outorgada con anterioridade a ela -como era o caso de Ence- fixaba un
prazomáximo de 30 anos. A lei entrou en vigor o 29 de xullo de 1988 polo que a
concesión vencería o 29 de xullo de 2018.
Distintos colectivos ecoloxistas iniciaron unha batalla legal que tivo (e ten)
un apoio fundamental nos últimos 16 anos noGoberno Local, que aposta
decididamente por recuperar as potencialidades da ría de Pontevedra libre do
complexo de Celulosas.
A batalla contra Ence emprega todas as vías ao alcance dos veciños para
conseguir que Ence saia da ría o 29 de xullo de 2018. E durante todo este
proceso tanto Ence como o Partido Popular quedan perfectamente retratados nos
seus posicionamentos.
Foi condenada por delito ecolóxico?
Si. A dirección de Ence foi condenada en novembro de 2002 pola Audiencia
Provincial de Pontevedra por cometer un delito ecolóxico pola contaminación
atmosférica e hídrica; ademáis de dous delitos por danos continuados a vivendas
e cultivos, e por catro faltas contra as persoas, todo xerado pola actividade
contaminante das súas factorías.