O LIBRO BRANCO DE ENCE - page 22

Libro Branco de Ence | 22
Os seus directivos foron condenados á pena de 5meses de arrestomaior e
multas de 30.050,61 euros polo delito ecolóxico e á pena demulta de 3.005,06
euros por cada un dos dous delitos continuados de danos, e á pena de 10 días
de arrestomenor por cada unha das catro faltas contra ás persoas.
A sentenza tamén recollía indemnizacións de 150 euros a dous rapaces que en
xaneiro de 1994 sufriron crisis respiratorias; 300, a outras dúas persoas que
precisaron de asistencia hospitalaria por fugas de gases irritativos, e 433.000
euros ao Estado ou á Xunta.
Como trata CaixaGalicia de consolidar a Ence na ría?
Coa privatización da empresa, nasmans do Consorcio financieiro que lidera Caixa
Galicia, o primeiro que fai Ence é solicitar ante a Xunta de Galicia a Autorización
Ambiental Integrada (AAI) tal e como esixe a Lei de prevención e control integrado
da contaminación que entra en vigor o 1 de xullo de 2002. Ence solicitaba esta
autorización preceptiva para poder seguir producindo -e contaminando na ría-, na
que incluía a creación dunha fábrica de papel tisú.
Pontevedra fai unha fronte contra esta intención da empresa que implicaría
a súa permanencia definitiva na ría ao consolidar o complexo cunha fábrica
de papel. Nesemomento Ence vai tocar a todos os actores posibles ao seu
alcance para dobregar a vontade popular: consegue que o Goberno de Fraga se
salte a autonomíamunicipal enmateria urbanística e crea un Proxecto sectorial
de incidencia supramunicipal exclusivo para Ence; a empresa solicita ante o
Ministerio deMedio Ambiente a innesariedade dos terreos ao entender que xa
é imposible devolvelos ao seu estado orixinario e recuperalos para o goce dos
pontevedreses; e finalmente, trata de forzar a súa inclusión no Porto deMarín.
As tres vías non tiveron éxito.
Dado que Ence non pode gañar nos xulgados, a guinda de toda esa espiral legal
foi a aprobación da nova Lei de Costas de 2013 que en palabras do consejero de
Obras Públicas, Transportes y Política Territorial doGoberno de Canarias, Domingo
Berriel, “la Ley de Costas ha arreglado la situación a dos o tres inversores
privados en la Península y se olvida de lo demás”.
Que é a innecesariedade dos terreos?
Ence solicitou en outubro de 2003 ante oMinisterio deMedio Ambiente a
declaración de innecesariedade por perda das condicións naturais -innecesario
dentro do usomarítimo-terrestre- damarisma de Lourizán. Cun ditame do
catedrático da Universidade de Santiago FelipeMacías, aseguraba que “a
recuperación da antiga situación resulta racionalmente imposible”. Esto implicaba
que amarisma sería, por sempre, terreo industrial ao sacala da propiedade de
Costas.
OConcello e varios colectivos ecoloxistas fixeron oposición a esta iniciativa
1...,12,13,14,15,16,17,18,19,20,21 23,24,25,26,27,28,29,30,31,...32
Powered by FlippingBook