O LIBRO BRANCO DE ENCE - page 23

23 | Libro Branco de Ence
de Ence. De feito, o Concello achegou informes de Rubén Lois González, no
momento decano da facultade de Xeografía eHistoria da Universidade de
Compostela; Manuel Soto Castiñeira, profesor de enxeñería química; María Xosé
Vázquez Rodríguez e Albino Prada Blanco, profesores de Economía; e Carlos
García Velasco, arquitecto xefe da oficina técnica de planeamento e xestión
urbanística do Concello de Pontevedra, que recordaban que os terreos de
Lourizán son recuperables ambientalmente.
Esta vía administrativa quedou prescrita en decembro de 2006 por silencio
administrativo. Ence perdeu.
Por que se pide incluír a Ence no Porto deMarín?
En abril de 2005 Puertos del Estado traslada á Xunta a posibilidade de converter
os terreos de Ence en dominio público portuario, é dicir, ampliar o porto até a
ensenada de Lourizán. Está claro que había un interese por parte da empresa
-que entón estaba enmans de CaixaGalicia- xa que deste xeito Ence permanecía
en Lourizán a perpetuidade, por formar parte do Porto.
NaquelmomentooconselleirodePolíticaTerritorial eraAlbertoNúñez Feijoo,quen
desmentiraque foseaXuntaquenfisexeesapregunta,perosi aclarabanoABCquesi
os terreosseadscribennoPortodeMarín “seríanaXuntadeGalicia,eos concellosde
MarínePontevedra,osquedecidirano futuroapartir de2018”. Anteesta tentativa,o
ConcelloeAPDRpresentaronunhaalegaciónaesta xogadadeEnce,egañaron.
Que é o Proxecto sectorial de incidencia supramunicipal?
A sociedade pontevedresa inicia a batalla legal impedindo a Ence que se
consolide na ría coa instalación dunha fábrica de papel, e paraliza as obras desta
última. Ante os constantes quebradeiros de cabeza que lle dá a Pontevedra, a
Xunta deManuel Fraga publica o 26 de decembro de 2003 un decreto polo que
se aproba o Proxecto sectorial de inicidencia supramunicipal de Ence. Con este
proxecto Ence conseguía un dobre beneficio: poder conseguir a Autorización
Ambiental Integrada e non someterse á normativamunicipal dándolle legalidade
urbanística a todo o complexo.
Que significa a “supramunicipalidade” no futuro da empresa?
Que toda a decisión de carácter urbanístico sobre novas instalacións da
empresa pasa a depender da Xunta deGalicia, burlando autonomíamunicipal.
A Lei do Solo de 2002 exime de licenzamunicipal unicamente aos proxectos
sectoriaismunicipais promovidos por administracións ou organismos autónomos
dependentes, non por privados como era o caso de Ence, o que confirmaron os
tribunais.
Ademáis, a Xunta outorga este proxecto única e exclusivamente a Ence, deixando
fóra a Elnosa, que a día de hoxe depende das normas urbanísticasmunicipais
1...,13,14,15,16,17,18,19,20,21,22 24,25,26,27,28,29,30,31,32
Powered by FlippingBook