O LIBRO BRANCO DE ENCE - page 24

Libro Branco de Ence | 24
para facer calquera obra nos seus terreos, o que amosa a clara connivencia de
Ence coa Xunta do PP.
Que fai o Concello tras a declaración de “supramunicipalidade”?
Nunha resolución do Pleno do Concello de 16 de xaneiro de 2004, a Alcaldía
acorda exercer as súas atribucións enmateria de disciplina urbanística e paraliza
as obras a Ence o 24 demarzo para impedir a consolidación do complexo en
Lourizán. O15 de abril dese ano o xulgado dalle a razón ao Concello porque a
continuidade das obras podería perturbar gravemente os intereses dos veciños
de Pontevedra, no caso de que a sentenza lle fose favorable.
Como foron os anos 2004 e 2005?
Os anos 2004 e 2005 sonmoi convulsos dende o punto de vista social e
tamén xudicial. Ence secuestra o pleno o 24 de outubro de 2004, e preséntase
o contencioso contra o proxecto sectorial “Fraga-Ence” (oficialmente chamado
Tisú de Lourizán, para consolidar o complexo a través da construción dunha
fábrica de papel). Nestes anos, a empresa trataba de gañar á opinión pública
a través de fortísimos investimentos enmedios de comunicación, a través de
publicitar un produto que non se vende aos cidadáns, así como co patrocinio dos
principais equipos deportivos da cidade, que se encheron de camisolas co logo
da compañía contaminante.
Resolveuse o conflito xudicial da supramunicipalidade?
A súa resolución chegou o 5 demaio de 2012, cando o Tribunal Supremo ordenou
ao Tribunal Superior de Xustiza deGalicia refacer unha sentenza previa atendendo
a todas as consideracións plantexadas polo Concello e a Asociación PolaDefensa
da Ría (APDR) contra o proxecto de supramunicipalidade de Ence, e o anula. O
Concello tivo que dirixir unha queixa ante o Tribunal Superior de Xustiza deGalicia
que “demoraba”, sospeitosamente, a tramitación deste recurso ante o Supremo.
Neste proceso alegouse:
— A existencia de diversas irregularidades procedimentais no expediente para a
aprobación do acordo como a omisión de informes e autorizacións preceptivos
e vinculantes da administración enmateria de Costas, Trens, Estradas e
Patrimonio
— Insuficiente documentación do proxecto
—Omisión do trámite de proba solicitado
— Infracción polo Estudo de Impacto ambiental
— Infracción da Lei de ordenación do territorio deGalicia pola falla de orzamentos
determinantes da formulación dun proxecto sectorial no ámbito de referencia,
así como a exención de licenzamunicipal de obras privadas non amparadas na
supramunicidade
—Desviación de poder
1...,14,15,16,17,18,19,20,21,22,23 25,26,27,28,29,30,31,32
Powered by FlippingBook