O LIBRO BRANCO DE ENCE - page 25

25 | Libro Branco de Ence
— Infracción da Lei de Costas por incompetencia da Xunta para a autorización
dun novo establecemento industrial en terreomarítimo-terrestre
— Infracción da lexislación urbanística
— Infracción da autonomía local
Quedou todo arranxado?
Non. A batalla está inconclusa. Tanto a empresa como a Xunta -co conselleiro
Agustín Hernández ao fronte de Política Territorial, eNúñez Feijoo na presidencia
da Xunta- coinciden e entenden que a sentenza se cumpre plubicando o Proxecto
sectorial de incidencia supramunicipal noDiario Oficial deGalicia, cousa que fan
en decembro de 2012. Pontevedra segue defendendo todos os informes e todas
licenzas que han de solicitar, por iso recurre ante o Supremo o auto que dá por
executada esa sentenza... e nesas andamos.
Que repercusións ten este Proxecto sectorial de incidencia
supramunicipal no futuro de Ence?
É unha peza clave para a súa permanencia por outros 50 anos, en base a nova
Lei de Costas. Co Proxecto sectorial, Xunta e Ence volven a pervertir a lexislación,
Ence emprega fraudulentamente a figura do Proxecto sectorial de incidencia
supramunicipal que, segundo consta na normativa, débese outorgar para unha
instalación nova. De feito solicitouna para a fábrica de papel tisú que tumbou o
Tribunal Supremo. Pero ao incluir tamén as instalacións existentes da fábrica,
a Xunta “legaliza” urbanisticamente unha fábrica que debera estar sometida á
normativa urbanísticamunicipal.
Ten que volver a renovar a autorización ambiental?
Non. Aínda que na AAI figura que debe renovar o 31 de decembro de 2015, a
Lei 5/2013 de 11 de xuño quemodifica a Lei 16/2002 de control integrado
da contaminación e que, entre outras cousas, elimina o artigo 25 adicado á
renovación das AAIs e deixa a criterio da administración este particular. A AAI
foille concedida en 2008 de forma irregular e renovouse en 2011, sen paliar
estas irregularidades. Ambas as dúas foron recurridas ante os tribunais.
Cal é o papel da nova Lei de Costas en todo isto?
O 30 demaio de 2013 (xa conMariano Rajoy como presidente doGoberno)
publicouse a nova Lei de Costas que fixa a posibilidade de prorrogar as
concesións de dominio públicomarítimo terrestre outorgadas ao amparo da
Lei anterior até un prazo, no caso de Ence, de 50 anos dende a solicitude da
prórroga. O 8 de novembro de 2013 Ence solicitou á Administración central a
prórroga da concesión polo prazomáximo legal.
Ao denotar a falta dun regulamento que desenvolvera a Lei, tivo que agardar
á aprobación deste texto legal. Unha vez feito, a empresa volve a solicitar a
1...,15,16,17,18,19,20,21,22,23,24 26,27,28,29,30,31,32
Powered by FlippingBook