Libro Branco de Ence | 26
prórroga en agosto de 2015. A Xunta de Galicia ten tresmeses para realizar un
informe ambiental sobre a conveniencia ou non da prórroga, e será oMinisterio
deMedio Ambiente quen teña a palabra final.
Lembremos o que dixo o consejero de Obras Públicas, Transportes y Política
Territorial da Comunidade Canaria, Domingo Berriel, a lei “ha arreglado la
situación a dos o tres inversores privados en la Península y se olvida de lo
demás”. De feito foi recurrida nos tribunais polos gobernos de Asturias, Canarias,
País Vasco e Cataluña.
É probable que o PP lles autorice a quedar máis tempo?
Se temosencontaapoucaestimapolomedioambientee taménaconnivenciahistórica
do Partido Popular con Ence, émáis que probable. Neste sentido, amobilización
do pobo de Pontevedra será peza fundamental para evitar unha nova prórroga.
Por que se inicia o proceso de caducidade da concesión de Ence?
A Audiencia Nacional o 19 demaio de 2011 ordena aoMinisterio deMedio
Ambiente a apertura do procedemento de caducidade da concesión de Ence, en
sentenza firme. No trasfondo desta petición está o cambio de titularidade da
empresa Ence, que no seu día pertenceu ao INI e logo foi privatizada sen que
existira un título habilitante para tal transmisión á nova empresa. Pero ademais
muda tamén o obxecto da concesión que xa non é só a fabricación de pasta de
papel, senón tamén a enerxía, circunstancia que queda claramente reflectida no
cambio de nome da empresa, agora “Ence, Energía y Celulosa”.
Habería outras causas de caducidade?
Hai causas de caducidade na incidencia negativa nomedio ambiente e na saúde.
O título concesional obriga á empresa a “adoptar todas asmedidas que se lle
impoñan para reducir a toxicidade das augas residuais até os límites que permitan
a vida domarisco e da pesca” e así mesmo, “todas as precaucións necesarias
para evitarmalos cheiros, fumes, pos, gases tóxicos e cantas circunstancias
poidan sermolestas para o veciñanza e nocivas para a saúde” unhas obrigas
que foron –e continúan a ser- incumpridas case sistematicamente ao longo da
existencia da empresa na enseada de Lourizán. Abonda con facer referencia á
condena por delito ecolóxico e danos á saúde das persoas de novembro de2002.
Pero, ademais, na concesión outorgada a Ence se explicita como causa de
caducidade o feito de que a DBO das augas de vertido supere as 20 ppm, un
límite superado de forma sistemática por Ence ata o ano 2005 e conmoita
frecuencia desde esa data ata a actualidade.
A empresa pode ocupar eses terreos?
Tan obvio como que está! Puxéronllo fácil desde o goberno de Rajoy, onde