Libro Branco de Ence | 28
dos terreos da concesión que ocupa Ence e unhamellor calidade das augas da
ría, permitirían revitalizar nun prazo de uns dez anos a actividademarisqueira
e desenvolver usos turísticos sustentábeis e actividades náuticas e deportivas
na contorna. Abonda con decir que, de acordo cun estudo desenvolvido pola
Universidade de Vigo, un espazo natural tan peculiar coma a Illa de Tambo
non pode acadar a proteccion ambiental quemerece, o que a alonxa do afán
de incluila no Parque Nacional Illas Atlánticas. Tamén permitiría traballar na
explotación racional domonte.
Como converter os salarios “contaminantes” actuais en salarios limpos?
Toda utilización do territorio xenera valores económicos. Loxicamente, tamén
a explotación desta industria contaminante. Unha vez que esta industria deixe
de producir en Lourizán, poderán xurdir na comarca actividades limpas hoxe
imposibilitadas pola presenza de Ence. E calquera actividade económica que se
cree, traerá consigo novos salarios, esta vez compatibles coa ría quemerecemos
os pontevedreses.
Máis aló dos empregos que se xerarían amedio e longo prazo coa saída de
Ence, están os que se producirían demaneira inmediata, desde omesmo día do
peche. O desmantelamento do complexo industrial e a recuperación dos terreos
darían traballo amoita xente, polo que émentira que amarcha de Ence supoña a
inminente desaparición de todos os empregos que xera.
Outras cidades teñen deslocalizado empresasmal radicadas. Poderá
Pontevedra levar a cabo un proceso de éxito?
Claro que Pontevedra pode facer esa reconversión, e todo serán vantaxes, como
aconteceu en Bilbao, por exemplo, en Barcelona coa Vila Olímpica, en Xixón co
velloMusel ou en Lisboa coa Expo, sen que estes teñan que ser exemplos que
teñamos que seguir mimeticamente. Farémolo ao noso xeito. NoGran Bilbao
perdéronsemiles de postos de traballo na industria siderúrxica, e tanto as
institucións como a cidadanía puxeron toda a súa enerxía para reinventarse e
ofrecer aomundo unha cidade poderosa e estupenda. Nós non seremosmenos.
Pontevedra ten forza suficiente para converterse nunha cidade espléndida unha
vez que recupere o seu litoral para uso público.
Daremos conta dun cambio histórico como o que experimentou a cidade
nos últimos tempos?
Os pontevedreses fomos quen de reconverter unha cidade decadente nun lugar
que poñen de exemplo en todo omundo de como deben ser as cidades de
hoxe, e debemos poñer todo o empeño en dicir non a unha industria de enclave,
absolutamentemolesta pola súa desgraciada situación. Rendernos ante as
mensaxes apocalípticas dos donos da empresa, ante asmentiras que nos
contan, non é o que os nosos fillos agardarían de nós, cando saiban que lles