O LIBRO BRANCO DE ENCE - page 29

29 | Libro Branco de Ence
deixamos esa cochambre na ríamáis aló do 2018. Temos orgullo e capacidade
para levar a cabo hoxe esa importante transformación do noso litoral, sen temor
a que un grupo de empresarios de fóra e enxeñeiros das finanzas nosmarquen o
ritmo que debemos seguir.
Que perspectivas de futuro se abren na era post-Ence?
Un futuro sen Ence abre novas portas á nosa economía urbana, basicamente
administrativa e terciaria. entre todos, democraticamente e a través das
nosas institucións e da participación cidadá, debemos pensar en alto sobre o
aproveitamento colectivo dese espazo público, de como nos convén xestionar ese
gran capital marítimo terrestre, e o territorio de Salcedo e Lourizán que queda na
área de influencia da actual fábrica.
Concretamente, a qué actividades debería dedicarse o espazo que hoxe
ocupan Ence e Elnosa?
Normalmente apúntanse actividades relacionadas coa explotaciónmarisqueira
e os servizos, así como ao desenvolvemento da franxa urbana entre Pontevedra
eMarín, hoxe secuestrada e desvalorizada por esemonstro indesexable.
Potencialmente, a zona podería ter interese para as actividades acuícolas e para
outras relacionadas co desenvolvemento de toda a actividade que se xera en
torno ao Pazo de Lourizán, hoxe unha auténtica xoia agochada tras a fábrica, pero
cun enorme potencial nas áreas da investigación, a divulgación científica e o uso
patrimonial con epicentro namarabillosa edificaciónmodernista deMontero Ríos
e o seu espectacular arboreto. A actividade turística, náutica e deportiva poderían
chegar a ser bos complementos deste enclave que contén as paisaxesmáis
fermosas de Pontevedra.
Como se beneficiarían os terreos colindantes?
Toda a franxa territorial que vai desdeMollabao ateOs Praceres polo interior
ten un enorme potencial de desenvolvemento urbano, con grande capacidade
para xerar mellores sinerxias entre Pontevedra eMarín, hoxe absolutamente
imposibles pola fétida presenza da fábrica.
O conxunto da ría tamén podería beneficiarse?
Absolutamente, de xeito especial aqueles lugares como Combarro, Lourido ou
Tambo que sufren coma ningún outro o impacto visual, ademais por suposto das
parroquias de Salcedo e Lourizán, asmáis afectadas pola veciñanza. A ría é un
ecosistema único e insubstituíble que debe recuperar o seu carácter de espazo
natural sen actividades perniciosas que impidan o desenvolvemento harmónico.
E as fábricas poden instalarse en calquera lugar axeitado para realizar a súa
produción sen problemas. Eso é o que deben facer os donos de Ence: procurar
un lugar adecuado para fabricar o seu produto.
1...,19,20,21,22,23,24,25,26,27,28 30,31,32
Powered by FlippingBook