O LIBRO BRANCO DE ENCE - page 8

Libro Branco de Ence | 8
acesa a oposición ao complexo. Tampouco hai que esquecer a oposición social
realizada polos propios veciños de Lourizán ou pola Federación “Castelao”. Hoxe
a composición da Corporaciónmunicipal e un reflexo democrático do sentir da
cidade, con 17 concelleiros contra a permanencia en Lourizán e só 8 a favor dela.
Hoxe, a composición da CorporaciónMunicipal é un reflexo democrático do sentir
da cidade, con 17 concelleiros contra a permanencia en Lourizán e só 8 a favor.
Como se privatizou a fábrica?
Ence comeza o seu proceso de privatización no ano 1995 coa venda do
18,8% das acción que até esemomento eran da SEPI (Sociedade Estatal
de Participacións Industrias) e remata no 2001. A entidade financeira Caixa
Galicia era o socio de referencia cando Juan Luis Arregui se fixo cargo do grupo
empresarial.
Quen son actualmente os propietarios?
O accionistamaioritario é o empresario vasco Juan Luis Arregui quen preside
o consello de administración da compañía dende o ano 2006. Ignacio de
Colmenares, Javier Echenique, José Ignacio Comengue, Pascual Fernández, Óscar
Arregui, Víctor Urrutia, GustavoMacías, Isabel Tocino, José Carlos del Álamo, José
Guillermo Zubía, Pedro Barato e Fernando Abril-Martorell séntanse no consello de
administración da firma. Ningún é pontevedrés nin galego.
Canto pagaron pola empresa cando foi privatizada?
O 51% da empresa pertencía ao Estado en 2001. Foi vendida no verán dese
ano a Caixa Galicia, Banco Zaragozano eHispamarket (Bankinter) por uns 230
millóns de euros, se ben tiñan a obriga de investir 841millóns de eurosmáis nas
fábricas. Outros interesados foron un consorcio de Sonae, Banco Pastor, Silvanus
e Foresgal.
Sabíase xa daquela que tiña que pechar en 2018?
O consorcio encabezado por CaixaGaliciamercou a empresa sabendo que en
2018 tiña que parar a súa produción en Lourizán, polo que a prórroga sería en
realidade un fraude, xa que se pagou o valor da empresa até ese ano. É un claro
caso de rapiña empresarial ligada ao sector público, no que se estima que ten
moito que ver que destacados cargos dos gobernos do PP ocupen varios asentos
no Consello de Administración.
Porque a empresa di que é imposible o traslado?
Porque Ence só pensa no seu beneficio económico e non quere asumir os custes
do traslado e o prezo do novo terreo. Din que lles resultamáis barato pagar
1,2,3,4,5,6,7 9,10,11,12,13,14,15,16,17,18,...32
Powered by FlippingBook