O LIBRO BRANCO DE ENCE - page 9

9 | Libro Branco de Ence
todos os favores que sexan necesarios pagar para permanecer en Lourizán, que
trasladarse. Todas as empresas queren lograr omáximo beneficio para fornecer
as carteiras dos seus propietarios.
Ence pretende seguir utilizando gratis o terreo público?
Iso é o quemanifesta públicamente: quere continuar utilizando gratuitamente
os recheos de Lourizán, o que supón un agravio comparativo paramilleiros de
empresarios e emprendedores. Que ocorriría se unha persoa se dirixe ao Estado,
á Xunta ou ao Concello para solicitar que se lle ofrezan terreos gratis paramontar
unha empresa? Probablemente se lle informe de que iso non se fai así. Que se
desexamontar unha fábrica debe adquirir ou alugar un espazo axeitado para
instalala.
Canto nos costa a presenza de Ence en Lourizán?
Non é doado cuantificar este extremo. En calquera caso, é preciso poñer nunha
balanza dúas cousas: Unha, quen son os principais beneficiarios dos terreos na
actualidade; e outra, quen se beneficiaría se a empresa devolvese os terreos
aos seus verdadeiros propietarios (os pontevedreses). Actualmente o beneficio
da explotación do terreo público vai unicamente a parar ásmans dos accionistas
da compañía. Os beneficios derivados do traslado estarían socialmentemáis
repartidos, especialmente cara aos sectores acuícola-marisqueiro, turístico
e inmobiliario, xa que permitiría un desenvolvemento de zonas de Salcedo
e Lourizán que hoxe están ermas debido á proximidade de tan indesexable
veciñanza.
Canto diñeiro destina Ence a publicidade?
Émoi difícil de coñecer ese dato, pero ese investimento só ten como finalidade
que os demáis pensemos que Ence é imprescindible para o futuro de Pontevedra.
Ence non vende nengún produto aos pontevedreses, como fai unha panadería
ou un taller de coches. Ence inviste nosmedios para convencernos das súas
bondades, conmentiras como “Compromiso cos veciños”, “Xeramos 5.000
empregos en Pontevedra” ou “Imos eliminar os olores”, que a forza de repetilas,
algúns poden chegar a crer que son realidade.
Cambiou a estratexia de comunicación dun tempo a esta parte?
No fondo non, pero si nas formas. Hai dez anos eranmoitomáis agresivos.
Facíanmenos publicidade, pero empregaban outrosmedios como a compra de
equipos deportivos e o patrocinio demedios que incluían informacións contrarias
ao gobernomunicipal e a todos os que non seguían as ordes da empresa. En
2015, a estratexia semellamáis “civilizada” a través de edulcoradas campañas
de publicidade e facendo crer quemoitos pontevedreses están encantados coa
empresa na súa ubicación actual. Pero só é publicidade, argumentosmentirosos
1,2,3,4,5,6,7,8 10,11,12,13,14,15,16,17,18,19,...32
Powered by FlippingBook