Libro Branco de Ence | 12
traballadores en todo o grupo, 39 deles en Pontevedra. Ao final o expediente
quedou nametade.
Existe algunha garantía de quemanteñan o emprego?
Non. Todo fai sospeitar que están contendo os despidos emesmo facendo novas
contrataciónsmentres non obteñen o permiso para explotar gratis Lourizán
outra chea de anos. De feito, o emprego de Ence foi minguando ao longo das
últimas décadas. Nestemomento os postos de traballo dos seus empregados é
o único argumento que utiliza a empresa para chantaxear á opinión pública cun
asunto co que a sociedade estámoi sensibilizada, cando o que está en xogo son
realmente os grandísimos beneficios que os propietarios obterán coa prórroga
que o PP lles quere regalar.
Laboralmente, será capaz Pontevedra de sobrevivir sen Ence?
Non só será capaz, senón que a desaparición desta fábrica de Lourizán sería
o cumio da reforma urbana e territorial que vén realizando a cidade desde que
comezou este século XXI. Todos os empregos son importantes, pero a nivel
relativo. Esta fábrica xera únicamente o 1,1% do emprego da cidade (supoñendo
que todos os traballadores vivisen na capital). A realidade constatábel é que Ence
impide a creación de emprego na comarca e vén destruíndo postos de traballo
directamente na propia fábrica; indirectamente nos sectores primarios ao destruir
recursos naturais, e de forma inducida ao imposibilitar a chegada de empresas
limpas.
Houbo outras empresas ou sectores nos que se perderon postos de
traballo?
Pontevedra está namedia do nivel de emprego das sete cidades galegas,
aínda sendo a que ten a poboaciónmáis nova de todas e a quemáismedra.
A realidade laboral é dura en todo o país e obedece a causas estruturais,
e os concellos teñen pouca capacidade de creación de emprego, xa que as
competencias son da Xunta e o Estado. Varios sectores padeceron duras perdas
de emprego nos últimos anos, especialmente as relacionadas coa construción,
a promoción inmobiliaria, o sector público ou o Porto deMarín, no que
desapareceron centos de empregos na pesca. A diferencia deses procesos de
destrución de emprego con Ence é a chantaxe que está facendo a empresa para
quedar nun lugar que lles resulta unha ganga.
Cal é a fianza ambiental por posibles danos aomedio?
Segundo recolle a súa propia Autorización Ambiental Integrada (AAI) a súa fianza
ambiental é de 12.457 euros “para responder dos posibles danos que se poidan
causar aomedio ambiente e do seu custo de restauración, así como garantir o
cumprimento das obrigas que fronte á Administración se derivan da produción